Mondoñedo acolle un mes de decembro cargado de actividades
O Concello de Mondoñedo acolle un mes de decembro cargado de actividades, no que, dende os días 11, 12 e 13 celebraránse as XX Xornadas de Arqueoloxía, que este ano serán telemáticas.
Xa o día 12 ás 13.30 horas no auditorio Pascual Veiga farase entrega do premios IX Leiras Pulpeiro, que dará comezo cunha ofrenda floral no cemiterio vello.
O día 19 ás 11.45 horas entregaranse o premio de poesía XXI Díaz Jácome, e tamén será a inauguración da exposición Recunchos Literarios de Mondoñedo de Inma Loureiro, esta farase no albergue municipal e ademais contará cun obradoiro na casa da Xuventude.
Os días 28, 29 e 30 será a actividade Peque Nadal, que contará co obradoiro A nosa carta para os Reis Magos o día 28, e haberá un Obradoiro de Nadal o martes 29 e o mércores 30. Xa en xaneiro continuará o Peque Nadal os días 2 e 3 con sesión de cine ás 18.00 horas na casa da Xuventude.
Para acudir as actividades de Peque Nadal haberá que reservar praza antes do 24 de decembro, e para o cine do 2 e 3 de xaneiro antes do día 31.