Mondoñedo aposta por apoiar ao sector cultural local co Merlín Fest

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.
sansimondacosta
29 Xul 2020

O Concello de Mondoñedo aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.

A música será tamén o fío condutor de novas iniciativas que nacen en Mondoñedo debido á situación sanitaria da covid-19.

Así, o sábado 1 de agosto actuarán Flashtop Cabaret na Praza do Concello, Novecento Cabaret a partir das 20.30 na pracita e a Charanga Aires do Padornelo polas rúas do casco histórico.

O sábado 8 BriaCova actuarán na Praza da Catedral, o sábado 8 o Grupo Xuventude farao na Fonte Vella, o sábado 15 de agosto será o concerto de Rafa Fernández na Praza da Catedral, o sábado 22 de agosto Hugo Eiroá tocará no cruce de rúas Bispo Sarmiento con Andrés Baamonde.

Por último, o sábado 29 de agosto será o concerto de Miquel Barreira na Praza do Concello.

Con este proxecto o Concello tenta apoiar ao sector cultural local tralo parón debido ao covid-19 e ao mesmo tempo servir de atractivo turístico para dinamizar a economía local.

0.19438409805298