Mondoñedo celebrará as XX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro
O 11, 12 e 13 de decemebro, o Concello de Mondoñedo vai celebrar as XX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro.
Será unha edición telemática a través da plataforma Zoom e que se emitirá en directo e aberto para todo o mundo pola canle de youtube de The Mondonedo Valley.
Na plataforma Zoom crearase unha sala específica para ver a intervención e participar no debate posterior.
Para poder acceder será preciso inscribirse no curso facilitando nome, DNI e e-mail a través de teléfono 982 524 003 e 982 507 177 ou por correo electrónico a xornadas.arqueo@gmail.com.
O enlace de acceso correspondente a cada conferencia enviarase 1 hora antes da mesma ao e-mail especificado na matrícula. A sala abrirase 15 minutos antes de comezar a intervención.