Mondoñedo celebrará do 9 ao 11 de agosto a vixésimo oitava edición do Mercado Medieval

TerraChaXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou, xunto con voluntarios, na presentación do cartel do XXVIII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 9, 10 e 11 de agosto.
66780500_2276376259289429_2753433293570441216_o
15 Xul 2019

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou, xunto con voluntarios, na presentación do cartel do XXVIII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 9, 10 e 11 de agosto. Como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
A alcaldesa, Elena Candia, anunciou que, como cada ano, presentarán esta feira medieval en varias vilas e cidades entre as que se atopan, entre outras, Ribadavia (onde se celebra a coñecida Festa da Istoria) ou Santiago de Compostela, cidade na que haberá un pequeno espectáculo.
Nos vindeiros días darase o Concello de Mondoñedo dará a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval. Neste senso, o concelleiro de Cultura, Alberto García, avanzou como novidades desta edición un concerto de música andalusí, cristiá e sefardí que leva como título “La Mujer en el Al-Andalus”, así como unha interpretación  histórica sobre Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural Pasatempo.
Ao mesmo tempo Alberto García confirma que se seguirá a apostar polos espectáculos que máis gustan: o torneo medieval, o campamento medieval e infantil, actuacións de rúa durante todo o día e cea do sábado, entre outros.
A alcaldesa, Elena Candia, agradece aos voluntarios e traballadores do Concello, ao comercio e hostalería local e a todas aquelas persoas que se involucran neste evento cultural tan imporante que devolve a Mondoñedo á época medieval durante uns días, ano tras ano.
Por último, destaca que o éxito deste evento, declarada Festa de Interese Turístico Galego, é grazas á implicación de todos os veciños e veciñas de Mondoñedo.

0.19935202598572