Mondoñedo creou unha web para a venda de produtos da horta e locais
O Concello de Mondoñedo puxo en marcha unha iniciativa para a venda de produtos da horta por internet na web https://shop.themondonedovalley.com.
Con motivo da prohibición de realizar mercados tradicionais e do peche da meirande parte dos establecementos comerciais da localidade durante o período de estado de alarma, e co obxectivo de darlle saída aos produtos agroalimentarios producidos no municipio.
A través dela, os productores e tendeiros locais poden vender diferentes cestas de productos a través de internet.
Todos os comercios e produtores interesados en realizar as súas vendas a través desta ferramenta on line poden inscribirse no mail concellomondonedo@gmail.com incluíndo os seus datos como nome do produto, foto, explicación e descrición, prezo por unidade ou quilogramo e teléfono de contacto.
A través desta plataforma os compradores poderán mercar os produtos sen saír da casa e suxeito ás restricións de reparto contempladas no estado de alarma.