Mondoñedo e máis concellos da costa condean o crime machista de Vilalba

TerraChaXa | AMariñaXa
Desde o Concello de Mondoñedo expresan a máis enérxica e contundente repulsa ao asasinato dunha muller en Vilalba a mans, presuntamente, do seu exmarido.
22 Xul 2019

Desde o Concello de Mondoñedo expresan a máis enérxica e contundente repulsa ao asasinato dunha muller en Vilalba a mans, presuntamente, do seu exmarido.
O Concello de Mondoñedo rexeita, como din nun comunicado, todos os tipos de violencia de xénero e pedímoslle, engade, á sociedade que contribúa á loita contra esta lacra que nos asola.
Queren recordar a todas as persoas que sofren violencia de xénero ou coñecen casos que os organismos públicos ofrecen unha serie de servizos gratuítos onde informarse. Tanto no 016, teléfono de atención ás vítimas gratuíto e confidencial (non deixa rastro na factura), coma no 900 400 273, Teléfono da Muller de Galicia, poderán ser atendidas todas as persoas que así o precisen.
Ademais, en Mondoñedo dispoñen do Centro de Información ás Mulleres, como tamén noutros concellos mariñáns, onde as mulleres vítimas de violencia de xénero teñen, de xeito gratuíto, atención psicolóxica, xurídica e social.
 

0.17684006690979