Mondoñedo edita unha nova publicación turística

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 Nov 2019

O Concello de Mondoñedo mantén un esforzo continuado por dar a coñecer todo o que ofrece esta pequena e fermosa cidade episcopal. Nese camiño, hai iniciativas que, sen dúbida, resultarán atractivas para os visitantes, cuxo número aumenta ano a ano.

Así, xurxe a campaña Mondoñedo, mil historias que vivir, unha publicación turística editada polo Concello mindoniense. Nela resúmense de maneira moi práctica as suxerencias ao visitante no apartado Que facer. É unha publicación moi útil para quen quere aproveitar o tempo que pasa na cidade e disfrutar de canto pon ao alcance dos que queren coñecela.

Desde o Concello, destácase o traballo que realizan tanto a asociación ACIAM como os hostaleiros de Mondoñedo no desenvolvemento de iniciativas que dan a coñecer á cidade.

Por outra banda, Mondoñedo aposta por mercar no comercio local, por iso pon en marcha a campaña Nadal 2019, co fin de promocionar o comercio de proximidade. É unha iniciativa que se explica así nos propios carteis anunciadores: Mercando en Mondoñedo gañamos todos. Quen adquira produtos nos locais asociados a ACIAM poderá gañar un dos 30 vales de 50 euros previstos nesta campaña; recibirá unha rifa e o sorteo será o 11 de xaneiro de 2020.

0.16432189941406