Mondoñedo festexa o 25 de xullo co mercado das Carmiñas e un concurso de ensaladas

TerraChaXa | AMariñaXa
21 Xul 2019

Mondoñedo enche as súas rúas con produtos tradicionais da horta, cada 25 de xullo, cun evento que goza de grande asistencia, tanto de profesionais, coma de visitantes.
Deceas de produtores ateigan a Praza da Catedral e a organización agarda contar, como na edición pasada, cunha quedada de coches e motos clásicos, xa que na cidade está radicada a Asociación de Clásicos Mindonienses Mira e Anda. Non son os únicos alicientes, xa que tamén hai pasarúas, showcookings e xogos para os cativos.
CONCURSO DE ENSALADAS. Que mellor maneira que promocionar o produto da horta que mediante un certame que premia ás mellores ensaladas e que normalmente se celebra ao mediodía, tamén o 25 de xullo. As racións poden ser adquiridas na propia praza a un prezo que normalmente non supera os 3 euros, que inclúen un recipiente conmemorativo feito polas alfareiras do barrio dos Muíños.

0.194256067276