Mondoñedo inicia os trámites para eliminar un punto de feísmo
O Concello de Mondoñedo inicia os trámites para eliminar un punto de feísmo en Río de Sixto, para mellorar a cidade e tamén a seguridade.
O Concello actuará no espazo comprendido entre o camiño coñecido como Río de Xisto e a Rúa da Rigueira. Hoxe este terreo está cuberto de maleza, ata o punto de que as dúas fincas que conforman este espazo foron medidas conxuntamente, porque era imposible apreciar a divisoria entre as dúas, que pertencen a un mesmo propietario. Ambas colindan con vías públicas e teñen peches de pedra e formigón prefabricado en case todo o seu perímetro.
Ademais da mellora que suporá esta intervención no terreo puramente urbanístico, tamén mellorará a seguridade nesta parte da cidade. Quedará así adecentado un tramo do viario urbano que forma parte dos itinerario do Camiños Xacobeo.