Mondoñedo prepara un amplio programa de actividades e diversión para Nadal
O Concello de Mondoñedo prepara un amplio programa de actividades e diversión para estas datas de Nadal.
Os días 13, 14 e 15 celebraranse as XIX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía no Centro Comarcal.
Así, o luns 16 de decembro ás 16.00 horas será o photocall de Papá Noel na Casa da Xuventude, onde os máis pequenos coñeceramo e sacarán unha foto.
O día 19 ás 20.30 o tradicional Concerto de Nadal dos alumnos da escola de música Pascual Veiga amenizará a noite no auditorio municipal.
O venres 20 o Centro Comercial Peña de Francia prepara varias actividades para os cativos, nas que se incluen a visita a Papá Noel e títeres.
O 21 a partir das 12 na oficina de turismo, entregaranse os premios do concurso de fotografía e de Pinta o teu Nadal, ademais presentarase oficialmente o calendario municipal 2020.
Xa ás 16.00 comezará a Papanoelada moteira na praza do Concello e ás 21.00 no auditorio será o concerto de Nadal da Banda de múcisa Pascual Veiga.
O domingo 22 ás 1230 dará comezo a conferencia de César Cunqueiro, Álvaro Cunqueiro e José Lezama Lima: A luz dun mundo que se arrenda.
E ás 20.00 o I Concurso de karaoke Ti vales moito, sacará os sorrisos e a deversión da xente.
O venres 27 voltarán as actividades para os pequenos con colchonetas e karaoke no Centro Comercial Peña de Francia.
O sábado 28 o Apalpador visitará o Casino de Mondoñedo para comprobar se os máis pequenos comeron suficientemente durante o ano e deixaralles algún agasallo.
O martes 31 ás 16.30 celebrarase a carreira de Nadal, ou San Silvestre. Pola noite poderase desfrutar das campanada de fin de ano e os fogos de artificio desde a praza da Catedral, e acto seguido comezará unha festa co Dúo Acechados no Casino.
Xa en xaneiro, o venres 3 ás 17.00 horas continuaránas actividades para os cativos con colchonetas e pintacaras no Centro Comercial Peña de Francia.
O domingo 5 ás 9.00 poderase desfrutar da Cabalgata de Reis polas parroquias do municipio, e xa pola tarde visitará o Hospital de San Pablo e a Residencia de anciáns San Rafael ata rematar ás 19.00 no auditorio municipal.
Pola noite haberá unha cea e baile de Reis no Casino, que terá un prezo de 25 euros.
Xa o sábado 11 ás 18.30 Aciam fará un sorteo de Nadal no subterráneo da praza Xaime Cabot.
Desde o Concello lembran que durante as vacacións de NAdal os nenos poderá acudir á ludoteca municipal de luns a venres, previa inscrición nos Servizos Sociais do Concello. Ademais, haberá un exposición fotográfica no Cantón da Catedral ata o día 2 de xaneiro, poderase ver un Belén de Playmobil no escaparate da rúa Progreso e contarán tamén un photocall de Papá Noel na Casa da Xuventude durante todo o Nadal en horario de 16 a 20 horas.