Mondra e Fillas de Casandra actuarán na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

TerraChaXa
Mondra é a segunda confirmación da programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.
confirmacions torta do millo
2 Maio 2024

Mondra é a segunda confirmación da programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.

Este mozo de Teo está considerado como unha das novas estrelas do trad, un xénero en auxe que bebe da música tradicional galega e a convirte nun son plenamente actual. No seu primeiro álbum de estudio Ardén, trata cuestións como a violencia, a saúde mental, o benestar emocional, a defensa da cultura propia ou o empoderamento da mocidade.

Así, Fillas de Cassandra, a primeira confirmación da organización. será un dos pratos fortes da programación de concertos, que se continuará desvelando nos próximos días.

Con este grupo os asistentes goazarán da súa fusión de música tradicional galego e pop electrónica desde unha perspectiva feminista.

0.092632055282593