Montouto, en Abadín, celebra as súas patronais esta fin de semana

TerraChaXa
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa e que habrá inchables gratis para os nenos os dous días
festas-fogos-artificiais-celebracion
12 Sep 2025

Montouto, en Abadín, tamén estará de festa a fin de semana na honra á Nosa Señora. Empezarán o sábado 13 coa misa maior ás 13.30 horas seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Dinastía.

Pola noite repetirá tamén a orquestra da mañá e xunto a La Oca Band.

O domingo volverá haber oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú e verbena estará ao cargo do grupo Los Adrianos.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa e que haberá inchables gratis para os nenos os dous días.

⚙ Configurar cookies
0.17272686958313