Mos celebra as festas de San Xulián na honra da Virxe da Saleta desde este venres

LugoXa | TerraChaXa
O sábado 27 celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha animada sesión vermú coa orquestra Principal
festas-en-mos
26 Sep 2025

A parroquia de Mos, en Castro de Rei, prepárase para vivir con intensidade as súas tradicionais festas de San Xulián na honra da Virxe da Saleta, que terán lugar os días 26, 27 e 28 de setembro. A programación arrincará o venres 26 cunha gran churrascada popular a partir das 22:00 horas, amenizada polo Grupo Beatriz e Cosmedeejay, que garantirán unha noite de festa para todos os asistentes.

O sábado 27 celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha animada sesión vermú coa orquestra Principal. Pola noite, a verbena continuará con música da propia orquestra Principal e do Grupo Aroma, que ofrecerán un espectáculo cheo de ritmo e diversión.

As celebracións rematarán o domingo 28 cunha nova misa ás 13:00 horas, procesión e sesión vermú a cargo do Grupo Aroma, que porá o broche final a tres xornadas de festa. Ademais, ao longo da fin de semana poderase gozar dunha degustación gastronómica baixo o lema “Galicia sabe amar”, nun campo cuberto con carpa que garante o desenvolvemento das actividades en caso de choiva.

⚙ Configurar cookies
0.099224805831909