Mosteiro acolle ata decembro cursos de talla e cestería
O Concello de Pol impulsa dous cursos este outono. Trátase dun de cestería e outro de talla da madeira.
No primeiro caso, foi o interese dos veciños e veciñas que non obtiveran praza no curso que se desenvolverá no verán financiado pola Deputación o que promoveu esta nova acción formativa que se desenvolverá os domingos en Mosteiro entre as cinco e as sete e media do serán entre o 15 de outubro e o 17 de decembro.
Pero tamén a talla resulta de interese entre os veciños e veciñas que fai algún tempo participaran nun curso de iniciación. Agora terán a oportunidade de participar neste curso os martes e xoves de seis a nove da tarde entre o 17 de outubro e o 5 de decembor.
A inscrición pódese formalizar a través do teléfono 699 17 87 56 de balde; xa que se inclúen nas actividades financiadas co Plan Único da Deputación Provincial.