Mosteiro acollerá unha feira de troco e produtos de segunda man o domingo

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Cultural Chimchiribote de Pol celebrará o domingo 6 de novembro unha feira de troco de segunda man a partir das 11.00 horas.
feira segunda man troco mosteiro portada
31 Out 2022

A Asociación Cultural Chimchiribote de Pol celebrará o domingo 6 de novembro unha feira de troco de segunda man que leva o nome I Baleira Galpóns, que se celebrará na Carballeira de Mosteiro a partir das 11.00 horas.

Trala apertura da feira, na que se intercambiarán produtos de segunda man de todo tipo, actuarán Güaltrapas Van, ao redor do mediodía para seguir, ás 13.30 horas coa sesión vermú, que estará a cargo de Troupelear e foliada aberta.

Pola tarde continuará a programación coa representación teatral 8 en sospeita, do grupo de teatro de Antas de Ulla.

Pecharán a programación do día cun magosto no que haberá chocolate ademais das castañas. A un prezo de 3 euros estará amenizado por Silpincha.

feira segunda man troco mosteiro
0.059163808822632