Mourence organiza un faladoiro para recuperar a memoria e as raíces da parroquia

TerraChaXa
O encontro contará cun espazo de convivencia no que se ofrecerán café, infusións e biscoito ás persoas participantes
faladoiro-mourence
28 Mar 2026

A parroquia de Mourence acollerá este domingo, 29 de marzo, un encontro veciñal centrado na recuperación da memoria colectiva baixo o título Faladoiro: Coñecendo as nosas raíces. A cita terá lugar a partir das 17:00 horas na casa-escola da localidade e está aberta á participación de toda a veciñanza.

A iniciativa, promovida polo colectivo Veciños de Mourence, pretende reunir lembranzas, fotografías e historias que permitan poñer en valor o patrimonio inmaterial da parroquia. O obxectivo é recompilar testemuños sobre lugares, persoas e feitos relevantes que formen parte da identidade local, co propósito de elaborar no futuro unha publicación que recolla este legado.

Durante a xornada, os asistentes poderán compartir experiencias e materiais nun ambiente participativo, pensado para fomentar o intercambio interxeracional e a conservación da memoria histórica da comunidade. A organización destaca a importancia da implicación veciñal para construír un relato común que evite a perda de elementos significativos do pasado.

Ademais, o encontro contará cun espazo de convivencia no que se ofrecerán café, infusións e biscoito ás persoas participantes, co fin de crear un ambiente próximo e acolledor que favoreza o diálogo e a colaboración.

0.12592887878418