Mourence prepárase para celebrar as festas na honra a San Xulián do 23 ao 25 de maio

A parroquia de Mourence, en Vilalba, vivirá esta fin de semana unha intensa programación festiva na honra a San Xulián, cunha ampla variedade de actividades musicais e gastronómicas que terán lugar os días 23, 24 e 25 de maio de 2025.
As festas comezarán o venres 23, cunha degustación de pinchos variados a partir das 21:30 h (con presentación de ticket) e o inicio da verbena ás 23:00 h, a cargo da orquestra Ritmo Joven e a Discomóbil Longplay.
O sábado 24 celebrarase a tradicional misa ás 13:30 h, seguida da procesión e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena desde as 23:30 h, animada novamente pola orquestra Costa Dorada e o grupo Beatriz.
O domingo 25, a programación relixiosa e festiva repetirase coa misa, procesión e sesión vermú ás 13:30 h, nesta ocasión amenizada polo Dúo Eclipse, poñendo o broche de ouro ás festas.