Movemento Vilalba logra 2 ouros e 8 pratas no Mundial de Danza

TerraChaXa
A escola Movemento de Vilalba pechou o ano cuns excelentes resultados no Mundial de Danza, no que se presentaron 19 coreografías.
mundial danza movemento
6 Xul 2021

A escola Movemento de Vilalba pechou o ano cuns excelentes resultados no Mundial de Danza, no que se presentaron 19 coreografías. Un total de 2 ouros, 8 pratas e 4 bronces, ademais de obter o recoñecemento especial da organización por ser Escola Inclusiva en Danza.

Así, os ouros foron para as coreografías Madre Teirra e Baila como el Dinosaurio. As pratas corresponderon a Baby Shark, Penlas, Muiñeira, Antroido, Monkey Dance, The Lion King, Dinosaurus Ballet e O voo da pomba.

Ademais, Me duele la cara de ser tan guato, We wil rock you, All Day e Good Job quedaron clasificadas na terceira posición. Tamén houbo dous cuartos postos para Lacasitos e La Llorona. Remember Me, Unnestoppable e Don Quijote foron 15, 24 e 26, respectivamente.

"A comezos de curso pasaba polos nosos miolos a idea de abandonar a Competición por un ano. A falta de ensaios e o desánimo instaurado pola Pandemia xerou moreas de dúbidas sobre o traballo que se debería levar a cabo durante este curso. Tras moito tempo batallando pensamos que a ilusión é o máis importante, os resultados nunca foron o fin. Así pois, decidimos reenganchar a Competición coa tranquilidade de que faríamos o que puidéramos sen mirar as puntuacións obtidas. Agora que o Clasificatorio para Mundial pasou, non podemos estar máis orgullosas e orgullosos. Nunca soñamos con vivir nada igual, nin nun ano “normal”. Non é un soño, a Escola de Movemento nunca obtivo semellantes resultados. Unha vez máis, superámonos a nós mesmas", din dende a organización.

O 100% das bailarinas e bailaríns da escola xa forman parte do Team Spain 2021 xunto con outros membros de Escolas de Danza de toda España. Vilalba terá unha forte representación na Danza Mundial.

0.18243002891541