Móvete x As Pontes e a súa Fashion Night volve este venres

TerraChaXa
Os negocios das Pontes organizan un ano máis este venres, 2 de xuño, unha nova edición de  Móvete x As Pontes,.
movete por as pontes portada
31 Maio 2023

A fashion night "Móvete x As Pontes", promovida polo Concello das Pontes e a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes (Cohempo) regresa este venres cun programa de actividades orientado a convertir ao municipio nun punto de encontro das persoas amantes da moda e dinamizar o sector comercial local.

A sesión arrancará ás 20.00 horas cos comercios abertos ata a medianoite. Recréase por tanto unha noite de compras, que estarán animadas pola música e pequenos desfiles de moda nalgúns dos establecementos.

Participan este ano na Fashion Night un total de 22 establecementos comerciais nos que a moda ten un papel máis destacado. Este ano ademais, sumáronse varios locais de hostalaría que tamén alongarán o seu horario.

Ademais, entre todos os asistentes sortearanse un total de 600 euros en premios.

movete por as pontes
0.25741696357727