Móvete x As Pontes reunirá o 12 de maio a 50 negocios

TerraChaXa
Preto de 50 negocios participarán, o vindeiro 12 de maio, na quinta edición de  Móvete x As Pontes, a fashion night organizada polo Concello, a través da Concellería de Comercio, Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego.
Foto movete 2017
4 Maio 2018

Preto de 50 negocios participarán, o vindeiro 12 de maio, na quinta edición de  Móvete x As Pontes, a fashion night organizada polo Concello, a través da Concellería de Comercio, Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego.

Esta iniciativa municipal busca contribuír á dinamización comercial do municipio, aumentando a visibilidade do comercio e a hostalaría pontesa, pezas fundamentais na economía local que xeran máis de 200 postos de traballo. Nese sentido, Ana Pena, responsable da área, sinala que “o Concello das Pontes quere acadar un sector forte, axuntar esforzos e formular estratexias conxuntas que permitan reforzar o atractivo e a competitividade do comercio e hostalaría do municipio. Desde o goberno local apostamos por impulsar accións destinadas a promocionar e apoiar as vendas para lograr un sector forte, cohesionado que contribúa a crear pobo e que redunde na calidade de vida dos veciños”

Esta nova edición da festa do comercio e hostalaría do Concello das Pontes, adicada este ano ó cabaret e os anos 20, comezará no patio do Colexio de Santa María, ás 19:00 horas, cun desfile de moda no que os establecementos amosaran ó público as últimas tendencias de moda, complementos e beleza cara o verano que converterán a As Pontes un gran escaparate ó aire libre das propostas comerciais e hostaleiras do municipio.

Tras o desfile, a partir das 21:30 horas, os locais participantes prolongarán o seu horario de apertura ata as 00:00 horas para ofrecer, a veciños e visitantes descontos especiais, promocións e sorteos. Ademais algúns establecementos ofrecerán ós seus clientes degustacións,  actuacións musicais e moitas sorpresas.

Asemade, durante toda a xornada, a mascota do comercio local de As Pontes percorrerá a vila repartindo dípticos para concienciar ós ponteses sobre as vantaxes de mercar no pequeno comercio de proximidade; animándoos investir no futuro do pobo e apostar pola ampla variedade de establecementos comerciais do municipio para realizar as súas compras.

Por outra banda, Ana Pena quixo remarcar que o éxito e continuidade desta iniciativa débese a implicación por parte de comerciantes e hostaleiros e “desde o Concello das Pontes queremos agradecer o esforzo e compromiso que realizan os nosos comerciantes e hostaleiros para ter todo a punto para esta gran cita, amosando, unha vez máis, o seu bo facer e a importancia do sector no noso municipio”.

A concelleira tamén invitou a todos os veciños e visitantes a gozar desta gran festa do comercio e hostalaría local, a vivir unha noite diferente entorno o mundo da moda e da restauración e a mostrar o seu apoio á economía local, mercando no comercio pontés e investindo no futuro de As Pontes.

0.20575499534607