Mudan de novo os horarios dos centros de intrepretación de Bretoña e Fonmiñá

TerraChaXa
Estarán abertos tres días á semaan de 11.00 a 14.00 horas
CIN-Bretona-nova-exposicion-decembro-2021-(11)
Unha imaxe do CIN
12 May 2025

Esta semana mudaron os horarios nos centros públicos que xestiona o Concello da Pastoriza.

Así o Centro de Interpretación de Bretoña mantén a atención tres días á semana, os luns, mércores e venres, pero o horario pasa a ser de 11.00 a 13.00 horas.

Pola súa banda, o Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, estará aberto para visita libre os martes, xoves e sábados, tamén de 11.00 a 13.00 horas.

Despois, para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

 

⚙ Configurar cookies
0.1657440662384