Mudan o horario os centros de intrepretación de Bretoña e Fonmiñá polo verán

TerraChaXa
O Centro de Interpretación de Bretoña abrirá de mércores a sábado e o de Fonmiñá de luns a venres
CIN-Bretona-nova-exposicion-decembro-2021-(11)
Unha imaxe do CIN
3 Jul 2025

Esta semana mudaron de novo os horarios nos centros públicos que xestiona o Concello da Pastoriza.

Así o Centro de Interpretación de Bretoña mantén a atención agora catro días á semana, os mércores, xoves, venres e sábado ampliando o horario de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.30.

Pola súa banda, o Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, estará aberto para visita libre de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, ampliando tamén o tempo de apertura

Despois, para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

Por outra banda, a biblioteca Ángel Basanta tamén cambia o horario para o de verán, polo que estará aberta de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas

 

⚙ Configurar cookies
0.16506004333496