Mudan os horarios do lago e da biblioteca das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes mudará dende mañá o horario de atención na biblioteca e tamén o tempo de desfrute da zona do Lago.
horarios as pontes portada
30 Xuño 2021

O Concello das Pontes mudará dende mañá o horario de atención na biblioteca e tamén o tempo de desfrute da zona do Lago.

Deste xeito, no Lago, permitirase o seu uso dende as 8 ata as 24 horas de luns a domingo entre os meses de xuño e setembro.

Por outra banda, a biblioteca reducirá o seu horario deixando aberto entre as 9 e as 14 horas de luns a venres e pechará o sábado. Este horario manterase ata o 15 de setembro.

horarios as pontes
0.19275307655334