Mudan os horarios dos centros de intrepretación e a biblioteca da Pastoriza
TerraChaXa
para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197
Unha imaxe do CIN
24 sep 2024
Esta semana mudaron os horarios nos centros públicos que xestiona o Concello da Pastoriza.
Así o Centro de Interpretación de Bretoña, que ampliou a finais de verán o horario, recupera a atención tres días á semana, os luns, mércores e venre,s de 10.00 a 14.00 horas.
Pola súa banda, o novo Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza estará aberto para visita libre os martes, xoves e sábados de 10.00 a 14.00 horas.
Despois, para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.
Ademais, a biblioteca municipal abrirá todas as tardes de luns a venres en horario de 15.00 a 21.00 horas.