Muimenta acolle a presentación dun libro sobre a figura do Apalpador

TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza este venres, 23 de decembro, a presentación do libro infantil O misterio do ourizo máxico.
presentacion libro apalpador muimenta portada
presentacion libro apalpador muimenta portada
22 Dec 2022

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza este venres, 23 de dcembro, a presentación do libro infantil O misterio do ourizo máxico, de Juliet Ocampo.

Este evento, que se desenvolverá na casa da cultura de Muimenta a partir das 18.00 horas, será unha presentación lúdica adaptada á rapazada.

O misterio do ourizo máxico é un conto para nenas e nenos de 5 a 10 anos (aínda que é apto para todas as idades dende que comezan a comprender) e trata sobre a figura do Apalpador, o heroe do Nadal galego. Explicaranse os tres grandes feitos deste personaxe: Por que reparte o día 24 de decembro e o día 31, por que reparte castañas e como se converte en Apalpador dende neno.

presentacion libro apalpador muimenta
0.19947385787964