Muimenta acolle dende o luns un curso de cociña
TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza un curso de cociña que se desenvolverá do 20 de marzo ao 10 de abril.
16 Mar 2023
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza un curso de cociña que se desenvolverá do 20 de marzo ao 10 de abril, todos os luns durante dúas horas por xornada.
O curso estará a cargo do chef e veciño da localidade Alberto Saavedra, a partir das 21.00 horas no Centro Médico de Muimenta.
O obradoiro vai dirixo a persoas de todas as idades e cada luns presentarase un entrante, un segundo e un postre. Ao remate do curso terá lugar unha cea para aqueles que o desexen que terá lugar o 17 de abril por un prezo de 20 euros.
As inscricións son de 25 euros para socios e 30 para os non socios e deben facerse antes do venres 17 de marzo na Mercería Teresa.