Muimenta acolle este sábado un festival infantil polo Día do Neno

TerraChaXa
A Anpa A Granda de Muimenta organiza un festival infantil polo Día do Neno, que terá lugar o 15 de abril, ás 18.00 horas na csa da cultura.
festival infantil dia do neno portada
9 Abr 2023

A Anpa A Granda de Muimenta organiza un festival infantil con motivo do Día do Neno, que terá lugar o 15 de abril, ás 18.00 horas na casa da cultura.

A festa comezará con actuacións musicais que estará a cargo dos grupos de baile de música Asubiíños 1, 2, 3 e 4 e das pandereteiras de Muimenta, acompañadas pola Banda da Troula.

Como complemento da xornada está prevista a actuación do Mago Roberto Lolo co título Mira el Coyote.

Na organización do festival colaboran as mulleres rurais Cousas Nosas, o Concello de Cospeito e o grupo Asubíos da Chaira.

festival infantil dia do neno
0.087198972702026