Muimenta acolle o martes unha charla sobre os dereitos dos gandeiros

A Casa da Cultura de Muimenta acollerá este martes 2 de decembro, ás 16.30 horas, unha charla informativa dirixida a gandeiros e exgandeiros que desenvolveron a súa actividade entre os anos 2000 e 2013. O encontro ten como obxectivo explicar a situación derivada da manipulación dos prezos do leite durante ese período e ofrecer orientación sobre os dereitos que as persoas afectadas poden reclamar.
A iniciativa está organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta e conta coa colaboración dos despachos Vilanova, Jacobo Vázquez e Pérez-Batallón Avogados – 4atro Avogados, así como do Concello de Cospeito. A organización anima a todos os profesionais vinculados ao sector lácteo a asistir para obter información actualizada e resolver dúbidas sobre os posibles pasos a seguir.