Muimenta acolle un taller de psicomotricidade e memoria
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organzia o martes 18 un taller de psicomotricidade e memoria na terceira idade, que terá lugar na casa da cultura desta localidade de 16.00 a 20.00 horas.
Este curso, que será impartido pola Escola Galega de Saúde, estará ao cargo de Susana Mosquera Martín, psicóloga e formadora e está dirixido a pacientes, familiares e coidadores.
O obxectivo do mesmo é promover o desenvolvemento e estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación.
Polo tanto, o programa centrarase en fundacións teóricas das capacidades biolóxicas, motrices, neuromotoras e sensoperceptivo motoras; así como os procesos cognitivos básicos., as habilidades sociais, de benestar e de participación na diversidade cultural. Habrerá tamén unha sesión teórico-práctica de psicomotricidade para a terceira idade e outra de recuperación da memoria.