Muimenta acolle unha formación sobre envellecemento activo e autocoidado

TerraChaXa
O local social do centro médico de Muimenta acolle unha formación gratuíta sobre envellecemento activo e autocoidado.
maiores residencia coidado saf
31 Out 2023

O local social do centro médico de Muimenta acolle unha formación gratuíta sobre envellecemento activo e autocoidado. A proposta terá lugar o vindeiro venres 10 de novembro de 16.00 a 19.00 horas.

A actividade será impartida polos profesionais de Afalu, que achegarán a rutina de exercicios, os hábitos e técnicas e as pautas de autocoidado.

Os interesados xa poden realizar a súa inscrición na mercería Teresa ata o vindeiro martes 9 de novembro.

formacion_envellecemento_centro_medico_muimenta
0.19168496131897