Muimenta acolle unha proxección polo 8M
TerraChaXa
A casa da cultura de Muimenta acollerá hoxe, venres, a proxección do mesmo documental que se viu o na Feira do Monte o mércores.
10 Mar 2023
Con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, a casa da cultura de Muimenta acollerá hoxe, venres, a proxección do mesmo documental que se viu o na Feira do Monte o mércores.
Será ás 21.00 horas, e consiste na presentación do proxecto Libres e diversas: xuntos é mellor, un proxecto audiovisual do Concello de Cospeito polo 8M.
Tomar conciencia da relevancia que ten traballar a igualdade de xénero nas aulas, entre a adolescencia e xuventude, dentro das familias e dende as administracións é o fin de Libres e Diversas "porque cremos firmemente que traballando xuntos de maneira transversal, é mellor."
A organización do acto para a proxección realízase en colaboración coa Asoc. Aquilino Iglesia Alvariño Muimenta.