Muimenta acolle unha representación teatral este venres para a cativada

TerraChaXa
Nabiza Girl, a icónica superheroína galega coñecida polo seu espírito combativo e o seu discurso en clave de humor, enfróntase ao misterioso “minguar” da cultura
as-aventuras-de-nabiza-girl
4 Dec 2025

A Igrexa Vella de Muimenta acollerá o este venres, 5 de decembro, ás 20:00 horas a representación de As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante, o novo espectáculo protagonizado por Isabel Risco e no que tamén participa Alberte Bello, baixo a dirección de Fran Rei. A proposta, cun marcado ton humorístico e reivindicativo, chega da man da compañía Maquinaria Pesada e forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación de Lugo.

Nesta nova aventura, Nabiza Girl, a icónica superheroína galega coñecida polo seu espírito combativo e o seu discurso en clave de humor, enfróntase ao misterioso “minguar” da cultura, un fenómeno que serve como metáfora das dificultades que atravesa o sector. A montaxe combina humor, crítica social e un forte compoñente identitario, mantendo o estilo irreverente que caracteriza os traballos de Risco.

O evento conta coa colaboración de asociacións locais e coa distribución de Culturactiva, consolidándose como unha das citas máis destacadas da programación cultural da comarca neste remate de ano. A función promete unha tarde de risas, reflexión e moita enerxía galega, da man dunha das artistas máis recoñecidas do panorama escénico actual.

⚙ Configurar cookies
0.07696795463562