Muimenta acollerá a Foliada 2025 o sábado con música, baile e artesanía

TerraChaXa
Durante o evento, ademais da música e o baile, os asistentes poderán gozar de caldo e filloas
foliada-de-muimenta
26 May 2025

O campo da Igrexa Vella de Muimenta será o escenario da Foliada 2025, unha celebración da cultura tradicional que terá lugar o sábado 31 de maio a partir das 19:00 horas. A xornada comezará cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional e incluirá tamén a exposición Rexurdir da miña artesanía, a cargo de Pepe da Gloria.

A festa contará cun variado cartel musical, con actuacións de grupos como Asubiíños, Cantos da Valura, Beteluma, Son do Ladra, Sureños (TradiGalu2025) e Pandeireperras, ademais dunha foliada aberta que promete estender a festa ata ben entrada a noite.

Durante o evento, ademais da música e o baile, os asistentes poderán gozar de caldo e filloas, nun ambiente festivo e de convivencia.

A Foliada está organizada pola Asociación Cultural Pozomouro e conta coa colaboración de Xotramu, A Trastenda, a Deputación de Lugo e outras entidades culturais.

Esta cita convértese nun punto de encontro para persoas amantes das tradicións galegas, da música popular e da artesanía, ofrecendo unha oportunidade única para festexar e compartir a nosa cultura.

⚙ Configurar cookies
0.15934610366821