Muimenta acollerá este sábado o quinto Festival Cultural Pozomouro

TerraChaXa
A celebración comezará cunha ruta e un obradoiro pola mañá, para continuar con música na sesión vermú
pozomouro-festival
21 Aug 2025

Tralo éxito das catro primeiras edicións, este sábado 23 terá lugar a quinta edición do festival Pozomouro, organizado pola Asociación Cultural Avelino Iglesias Alvariño na área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta.

Xa está preparado a programación cos horarios, que comeza ás 11.00 horas cunha ruta á beira do Miño con Daniel e Kiko e un obradoiro de danza na natureza con Eva Quiroga, actos que culminarán coa regulamentaria sesión vermú a cargo de Xenderal.

As actividades complétanse cunha romaría popular na que os participantes deberán achegar o seu xantar.

Terá lugar tamén unha narración oral con Vero Rilo, un Pozo Hulahoop con Nelly, Pozo Musical con Xenderal, así como o Pozo Ilustrado con Sonao. A maiores, contarase coa presenza dun Pozo Aromas con Zaida e Ana e un Pozo Miúdo coa Chintofanería

Os protagonistas deste ano serán Prieto Picado, Xenderal, Igmig, Los Justicieros, Luama Son Sistema, Bass Dealer e Pintega.

A organización lembra que haberá zona de acampada de balde para os que o desexen e un mercadiño cultural.

CONSULTA O PROGRAMA NESTE ENLACE

horario-pozomouro
⚙ Configurar cookies
0.15928506851196