Muimenta acollerá un concerto de Abrama este sábado

TerraChaXa
A actuación, organizada por Xotramu, Xogos Tradicionais Muimenta, dará comezo ás 17:30 horas e terá carácter gratuíto
abrama-xotramu-muimenta
30 Jan 2026

A Igrexa Vella de Muimenta acollerá este sábdo, 31 de xaneiro, un concerto do grupo Abrama, nunha cita musical pensada para a escoita atenta, a emoción compartida e o goce dun formato íntimo nun espazo cargado de simbolismo e historia.

A actuación, organizada por Xotramu, Xogos Tradicionais Muimenta, dará comezo ás 17:30 horas e terá carácter gratuíto. Abrama chegará a Muimenta cunha proposta sonora intensa e sensible, na que as voces e os ritmos se combinan para crear unha atmosfera envolvente, convidando ao público a deixarse levar pola música e a vivir unha experiencia única e próxima.

⚙ Configurar cookies
0.12620401382446