Muimenta acollerá un curso de cociña da man do chef Alberto Saavedra

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza un curso de cociña que será impartido polo chef e veciño Alberto Saavedra. A actividade desenvolverase todos os luns, do 12 de maio ao 2 de xuño, en horario de 21:00 horas, no local social do Centro Médico de Muimenta.
Durante cada sesión, os participantes poderán ver en directo a elaboración dun menú completo, que incluirá un entrante, un segundo prato e un postre, ofrecendo así unha experiencia práctica e amena para aprender novas receitas e técnicas culinarias.
As inscricións estarán abertas ata o 10 de maio e poderán realizarse na Mercería Teresa. O prezo do curso é de 30 euros para persoas socias da asociación e 35 euros para non socias.