Muimenta acollerá un festival infantil solidario organizado por seis anpas da contorna

TerraChaXa
Anpas dos colexios de Muimenta, Castro de Rei, Feira do Monte, Meira, Pastoriza e Bretoña únense para celebrar un festival infantil solidario
festival infantil cancro muimenta portada
12 Xuño 2023

As anpas dos colexios de Muimenta, Castro de Rei, Feira do Monte, Meira, Pastoriza e Bretoña únense para celebrar un festival infantil co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro.

Este terá lugar o día 17 de xuño a partir das 11.00 horas no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta.

O programa do día arrancará coas actuacións musicais e de danza dos nenos e nenas das anpas colaboradoras. Tamén pola mañá será o sorteo de produtos ondeo o recadado irá destinado á Asociación Española contra o Cancro.

A orquestra Acapa Show colabora con este evento e será a encargada da sesión vermú e de amenizar o xantar, que consistirá en empatada, churrasco, criollos, polo, pan, bebidas e sobremesa. Terá un prezo de 12 euros para adultos e de 8 para nenos de 3 a 12 anos.

Na sesión de tarde continuará a festa con 3 colchóns inchables, a Varredora e o Humor Amrillo. Tamén haberá Festa da escuma e unha merenda.

O prezo da entrada para os non socios é de 5 euros.

festival infantil cancro muimenta
0.18295407295227