Muimenta acollerá un novo Aberto de Tenis

TerraChaXa
Regresa outro clásico do verán, o Aberto de tenis de Muimenta, que se desenvolverá do 29 de xullo ao 5 de agosto, na XXIV edición.
aberto tenis muimenta portada
18 Xul 2023

O Aberto de Tenis de Muimenta celebrará este ano unha nova edición, que se desenvolverá do 29 de xullo ao 5 de agosto, na que xa é a XXIV sesión.

Xa están abertas as inscricións, que se pecharán o día 26 de xullo e poden facerse no teléfono 650 59 45 71 (Santi). Este torneo disputarase en pistas de cemento, en xornadas de 10 ás 23 horas e haberá diferentes categorías, sénior, cadete, veterano e social en versión masculina e feminina ademais de dobres social

Para poder participar é imprescindible que os xogadores teñan a licenza federativa do ano en curso.

aberto tenis muimenta
0.10315704345703