Muimenta acollerá un novo Aberto de Tenis desde o luns

O Aberto de Tenis de Muimenta celebrará este ano unha nova edición, a XXV, que se desenvolverá do 26 de xullo ao 2 de agosto para colleitar un novo éxito con preto dun centenar de participantes.
Este torneo, organizado polo Club Tenis Muimenta, disputarase en pistas de cemento, en xornadas de 10 ás 23 horas e haberá diferentes categorías, para federados e non federados, sénior, cadete, veterano e social en versión masculina e feminina ademais de triples mixto.
Foi ampliado o prazo de participación polo que a inscrición pode facerse hoxe como último día no teléfono 630 500 044 (Sergio).