Muimenta acollerá un obradoiro sobre hixiene e coidados bucodentais o 30 de maio

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño organiza, en colaboración co Servizo Galego de Saúde, un obradoiro práctico centrado na hixiene e os coidados bucodentais, que terá lugar o venres 30 de maio no local social (Centro Médico) de Muimenta. A actividade desenvolverase en horario de tarde, desde as 16:30 ata as 20:30 horas.
Este taller está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en mellorar os seus hábitos de saúde bucodental e en coñecer técnicas básicas e efectivas para o coidado da boca, tanto na infancia como na idade adulta. O obradoiro terá un enfoque práctico e participativo.
As inscricións son totalmente gratuítas e poden realizarse na Mercería Teresa ata o día 26 de abril. Desde a organización anímase á veciñanza a participar nesta actividade formativa, pensada para mellorar a calidade de vida e a prevención de problemas bucodentais.