Muimenta acollerá un obradoiro sobre saúde e muller o día 19

TerraChaXa
As persoas que desexen participar poden inscribirse ata o 15 de setembro
muller-e-saude-obradoiro
14 Sep 2025

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia organiza en Muimenta o obradoiro Muller e Saúde, que terá lugar o venres 19 de setembro no local social do Centro Médico da localidade, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

A iniciativa, de carácter gratuíto, está aberta a todas as mulleres interesadas en coñecer e afondar en aspectos relacionados co seu benestar e a súa saúde. O programa incluirá temas como a menopausia, a osteoporose, a prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio.

As persoas que desexen participar poden inscribirse ata o 15 de setembro a través do teléfono 677 113 980, ben por chamada ou por whatsapp, ou falando con calquera membro da directiva da asociación.

O obradoiro conta coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e pretende ofrecer ferramentas prácticas e información útil para mellorar a calidade de vida das mulleres, fomentando ao mesmo tempo a prevención e os hábitos de vida saudables.

⚙ Configurar cookies
0.16225600242615