Muimenta acollerá unha reunión informativa sobre a manipulación do prezo do leite entre 2000 e 2013

TerraChaXa
A xornada, organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, celebrarase o martes 2 de decembro ás 16.30 horas na Casa da Cultura e está dirixida especialmente ao sector gandeiro
VASO-DE-LEITE
13 Nov 2025

A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza o vindeiro martes 2 de decembro, a partir das 16.30 horas, unha nova charla informativa sobre o coñecido cártel do leite. O encontro terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Muimenta e está especialmente dirixido ás persoas gandeiras que estiveron en activo entre os anos 2000 e 2013, período no que as industrias lácteas manipularon os prezos pagados polo leite en orixe.

Esta sesión dá continuidade ás celebradas previamente en xuño de 2020 e en febreiro de 2024, e busca aclarar o estado actual das reclamacións, os dereitos dos produtores afectados e os pasos que poden seguir para esixir responsabilidades e compensacións.

Na organización colabora o bufete de avogados 4atro, representado por Diego Vilanova, Jacobo Vázquez e Javier Pérez-Batallón, especialistas na materia e encargados de explicar o procedemento legal e orientar ás persoas asistentes sobre como poder presentar as súas demandas. A reunión é aberta ao público e poden asistir todas aquelas persoas interesadas en obter máis información sobre o caso e conta coa colaboración do concello de Cospeito.

⚙ Configurar cookies
0.075517892837524