Muimenta celebra a Romaría da Virxe dos Milagros este sábado

TerraChaXa
A programación comezará ás 13:30 horas coa misa solemne, seguida da procesión e a sesión matinal a cargo do dúo Eclipse
igrexa-vella-muimenta
21 May 2025

A localidade de Muimenta prepara unha nova edición da tradicional Romaría na honra da Virxe dos Milagros, que terá lugar o sábado 24 de maio, cunha completa xornada de actos relixiosos, gastronómicos e musicais baixo carpa.

A programación comezará ás 13:30 horas coa misa solemne, seguida da procesión e a sesión matinal a cargo do dúo Eclipse, que tamén será protagonista na verbena da noite.

Un dos momentos máis destacados da xornada será a comida campestre ás 15:30 horas. O menú incluirá xamón cocido, polbo con patacas, costela asada, tarta de chocolate, queixo, pan, bebidas, café e licores. O prezo será de 30 euros por persoa, con entrada gratuíta para os nenos e nenas ata 6 anos e un custo de 11,15 euros para os de entre 7 e 11 anos.

A partir das 18:30 horas dará comezo a gran verbena co dúo Eclipse, poñendo o broche final a unha romaría que promete boa comida, música e tradición para todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.18615484237671