Muimenta celebrará as súas festas patronais do 5 ao 7 de xullo
[caption id="attachment_21186" align="alignleft" width="530"] SONY DSC[/caption]
A localidade de Muimenta celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Cristóbal e Santa Mariña, coincidindo sempre a primeira fin de semana deste mes.
O día 5 estará o grupo Arizona en sesión verbena e estarán acaompañados polo grupo Suavecito.
O día 6 a comisión ten prevista a actuación da orquestra Españoles e o grupo Cañón en dobre sesión vermú e verbena. Así mesmo, no último día, a orquestra Stereo despedirá a celebración ata o próximo ano tamén en dobre sesión.