Muimenta celebrará o día 14 a VII Festa da Xuventude con música, concurso de DJs e gran verbena

Muimenta acollerá o vindeiro 14 de marzo de 2026 a sétima edición da Festa da Xuventude, unha cita xa consolidada no calendario festivo local que combinará música en directo, gastronomía e animación durante toda a xornada.
A programación arrancará ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo Jaque. Pola tarde terá lugar o primeiro Concurso de DJ, cun prazo de inscrición aberto ata o 7 de marzo no teléfono 667 22 53 36, co obxectivo de dar visibilidade ao talento musical emerxente.
A celebración contará cun menú especial de festa servido polo restaurante Anllo, con opción de xantar por 30 euros e cea polo mesmo prezo. As reservas poden formalizarse no teléfono 982 528 069.
Xa pola noite, a música continuará coa disco móbil a cargo de Alejandro Martínez e EvenTec, xunto coa actuación de Cosmedeejay, garantindo ambiente festivo ata ben entrada a madrugada. O evento desenvolverase nun campo cuberto con carpa para asegurar o seu normal desenvolvemento.