Muimenta comeza hoxe unha campaña de impulso do comercio local

TerraChaXa
Mercar no comercio de Muimenta entre o 26 de setembro e o 6 de outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas.
cartel campana comercio muimenta portada
26 sep 2022

Mercar no comercio de Muimenta entre o 26 de setembro e o 6 de outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios de Muimenta poñen en marcha a campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio.

Así, todos os clientes de Muimenta que realicen compras no comercio de proximidade entre o 26 de setembro e o 6 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves, 6 de outubro, ás 13.30 horas na Praza Maior de Muimenta. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nesta mesma praza.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 11 localidades da provincia.

cartel campana comercio muimenta
0.064918041229248