Muimenta contará este mércores coa proxección do filme 'Chicas Nuevas'
A Exposición e proxección do traballo documental Chicas Nuevas 24 horas segue no concello de Cospeito tralo seu paso polas principais universidades e institutos de Europa e Sudamérica.
Escrito e dirixido por Mabel Lozano, o traballo, nominado aos Premios Goya, denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas a través das súas testemuñas, convidando á reflexión.
A exposición do mesmo nome, pode visitarse ata o 16 de maio na casa da cultura de Feira do Monte de luns a venres de 10:00a 14:00 horas.
Os dous pases da longametraxe foron, en primeiro lugar na casa de cultura da Feira do Monte o día 8 de maio. Na casa de cultura de Muimenta será este mércores, 15 de maio ás 19:30 horas en colaboración coa Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.
A mostra e os documentais están dirixidos a un público maior de 14 anos, con entrada libre ata completar aforo.
A iniciativa enmárcase dentro das organizadas polo Departamento de Servizos Sociais Municipais do Concello de Cospeito e conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.