Muimenta convoca unha charla informativa do Cartel do Leite
O vindeiro xoves, 11 de xaneiro, a partir das 21.00 hora, no salón de actos da casa da cultura de Muimenta, terá lugar unha charla informativa sobre o Cartel do Leite.
A mesma é continuación a outra que houbo en xuño do 2020 de especial interese para os gandeiros que estiveran en activo entre os anos 2000 e 2013, sobre a manipulación no prezo do leite por parte das industrias lácteas.
Esta reunión é organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, que engloba tamén aos gandeiros, e colabora do bufete de avogados Diego Vilanova, Jacobo Vázquez e Javier Pérez-Batallón (catro avogados).
A reunión é aberta para toda aquela persoa que queira acudir á mesma para informarse.
Para máis información sobre a mesma, pódese chamar aos teléfonos 982 255 066 (Diego Vilanova).