O concurso de tortillas arrancará as festas de Muimenta este xoves
Muimenta celebra a primeira semana de xullo as súas festas na honra a San Cristobo e Santa Mariña.
O programa ábrese o xoves 4 cun concurso de tortillas e unha chea de música por parte de discomóvil Eventec, Cosme Dj e Los Adrianos. Continuarase o venres pola noite cunha verbena a cargo de Los Satélites e o grupo Assia.
O sábado a festividade dará comezo ás 13.30 cunha misa solemne, procesión acompañada con Asubíos da Chaira e sesión vermú a cargo do grupo Magos que compartirá escenario co grupo Tania Veiras na verbena da noite.
O domingo, antes do oficio relixioso da 13.30h, terá lugar un pasarrúas con Asubío da Chaira que amenizará, novamente, a procesión xunto a Bendición de Coches. Na sesión vermú e verbena que pechen as festas será o protagonista o grupo Fénix.