Muimenta terá festa de Entroido para os pequenos con cocido e concurso
A Anpa A Granda de Muimenta organiza unha festa de Entroido para o martes 21 de febreiro.
A xornada dará comezo ás 11 horas co mercado de Entroido, que contará con música en directo e aninación a cargo da Charanga 555.
Ás 14 horas haberá un xantar baseado en cocido no que haberá sopa de cocido, lacón, costela, falda, cabeza, botelo, chourizo, patacas, garavanzos e verdura, ademais de postre, viño, cervexa, auga e refrescos. Rematarase cun chupito.
Pola tarde está prevista unha sesión vermú co acordeonista Carlos, ademais do sorteo de dúas cestas, e xogos tradicionais con Xotramu.
Non faltará o concurso de disfraces, cun premio por categoría. En nenos, serán 20 euros para individual, 50 para parella e 100 para comparsa. En adultos serán 30 individual, 75 parella e 150 comparsa. As inscricións poderán realizarse ata as 17.00 horas.
As persoas que desexen asistir poderán inscribirse na mercería Teresa ou no parrillada Bañal e será como último día o 16 de febreiro. O prezo do menú será de 26 euros adultos e 14 nenos de ata 10 anos. Os máis pequenos será gratuíto.